érgome a gatas
afundo, espernexo
para soster algo
a auga
sostéñoche
unha casa
agardo
noméote máis tarde
cando atopo
unha pedra
durmida na miña man
unha semen-
te
en chamas un bater as ás
dentro
no mundo
pero dentro
desde onde
a auga resoa
ecodifica o latexo
que logo xebra cando ves
e encarnas a veta
o teu nome
2 comentarios:
galanalàn gallego
ego del gallo engallanado
egotiza la gallega que llega
iza contigo el legado
pavoroso
amoroso
oso
SEGUIR LAS IDEAS AFINES DE TUS POEMAS CUESTAN-VALEN EL oRO DE UN PERÙ.
SALUTES
pd: EL VIERNES ES LA CITA EN LA FRONTEIRA EXACTA DE cidade DEL ESTE ENTRE EL CAPITÁN KANESÚ Y EL abrasilerado/apaulado Silvakov!
ben, veciño,
e boa sorte con isa fronteira cita (outro día falamos dos pasaxes polo ouro dun perú alén da economía sacrificial, mesmo 'poética', no outro da economía).
Publicar un comentario